Sorteado o Campionato de España Infantil Feminino de baloncesto que se celebrará en Marín

Marín
28 de maio 2019

O acto celebrado este martes no Colexio San Narciso serviu ademais de homenaxe ao club local, o Peixe Galego, tras o seu recente ascenso á Liga LEB Ouro

Sorteo do Campionato de España Infantil Feminino 2019 de baloncesto en Marín
Sorteo do Campionato de España Infantil Feminino 2019 de baloncesto en Marín / Nacho Fuentes

A emoción do baloncesto non decae en Marín. Tras o brillante ascenso á liga LEB Ouro logrado polo Peixe Galego, a localidade céntrase agora nun gran evento, o Campionato de España Infantil Feminino.

Por terceiro ano consecutivo a vila marinense será escenario da gran competición nacional en categoría infantil, tras as edicións feminina en 2017 e masculina en 2018. Agora volven tomar protagonismo os equipos femininos, que pelexarán en Marín polo título de campioas de España.

Serán en total 32 os equipos participantes, ao redor de 480 deportistas de todos os puntos da xeografía nacional os que disputarán o torneo nos pavillóns da Raña,  O Sequelo e o Colexio San Narciso entre o 9 e o 15 de xuño.

O sorteo dos 8 grupos de competición celebrouse este martes nunha das sedes do campionato, o Colexio San Narciso, co ex-xogador Fernando Romay como mestre de cerimonias nun acto no que se aproveitou para homenaxear ao equipo sénior do Peixe Galego polo seu recente ascenso.

A primeira fase do Campionato de España Infantil Feminino quedou configurado da seguinte maneira:

  • GRUPO A: CAB Estepona, Tenerife Central, 1º País Vasco (aún por definir), San Blas Alicante.
  • GRUPO B: Snatt's Sant Adriá, Estudiantes, Ponce Valladolid, CB Godella.
  • GRUPO C: Barça CBS, Luther King, Unicaja Andalucía, Ordoño León.
  • GRUPO D: Genovés Valencia, Unigirona, Bosco Salesianos, UCAM Murcia.
  • GRUPO E: Stadium Casablanca, Oviedo Baloncesto, Peleteiro, Juventud Ceuta.
  • GRUPO F: Rivas Parque Suereste, La Salle Palma, C.Deportivo, Adeba.
  • GRUPO G: Celta Zorka, Parada de la Reina, Maristas Logroño, 2º País Vasco.
  • GRUPO H: Calasanz, Aranguren Azul, CN Helios, Baloncesto Criptana.