Sorteado o calendario de liga para o Poio Pescamar, con estrea na cancha do Roldán

Poio
18 de setembro 2020

O conxunto vermello xa coñece o camiño que lle espera na nova tempada da Primeira División de fútbol sala, que dará comezo o sábado 17 de outubro

Adestramento do Poio Pescamar 20/21
Adestramento do Poio Pescamar 20/21 / Mónica Patxot

O Poio Pescamar xa coñece que camiño que lle espera na próxima tempada na Primeira División de Fútbol Sala, despois que a Real Federación Española de Fútbol publicase o calendario de competición.

A tempada oficial comezará para as vermellas o sábado 17 de outubro e farao cun desprazamento a terras murcianas, á cancha do Roldán.

Unha semana despois (24 de outubro) chegará o primeiro partido na casa, recibindo ao Penya Esplugues.

Tras un único parón polo Nadal, a primeira volta prolongarase ata o 27 de febreiro, data na que visitará A Seca o Universidad de Alicante. Isto provocará que a última xornada da liga regular sexa a domicilio para o Poio Pescamar, nunha liga regular que se prolongará ata o 19 de xuño.

Consulta aquí o calendario completo da Primeira RFEF Futsal Feminina.

Esta noticia coincidiu cunha fase da pretempada na que empezan a asomar os primeiros encontros amigables. Aínda que aínda non pechados, a intención do club conserveiro é poder enfrontarse a outros equipos galegos como o Burela ou o Viaxes Amarelle. A estes encontros poderíaselle sumar o duelo de semifinais da Copa Xunta aprazado no seu momento contra o Ourense Envialia.