O reto do Arosa de regresar á Segunda RFEF ten xa folla de ruta, tras o sorteo do calendario de competición de Terceira RFEF realizado pola Real Federación Galega de Fútbol.
O conxunto arlequinado estreará tempada o 11 de setembro a domicilio, visitando o CD Barco.
Unha semana despois o seu primeiro encontro como local mediralle ao Paiosaco.
No que respecta a a última xornada da tempada regular, o 23 de abril, os de Luisito afrontarana tamén lonxe da casa fronte ao Racing Villalbés.
Consulta aquí o calendario completo da Terceira RFEF 2022/2023.
— AROSA SC (@AROSASCOFICIAL) August 9, 2022
Tras o sorteo, así quedan os nosos encontros desta tempada en #TerceiraRFEF.
Un mes de traballo por diante para chegar preparados á primeira xornada. #XuntosVoltaremos#VilagarcíaMeréceo#ForzaArosapic.twitter.com/XhTfXRScln