Sorteada a fase de ascenso do Arxil e inicio da súa campaña de financiamento

Pontevedra
16 de abril 2024

A Federación Española de Baloncesto realizou este martes o sorteo do calendario da fase de ascenso á Liga Feminina Challenge, que xogará por segunda vez o Club Baloncesto Arxil

Partido de Liga Feminina 2 entre Arxil e BF León
Partido de Liga Feminina 2 entre Arxil e BF León / Cristina Saiz

A Federación Española de Baloncesto realizou este martes o sorteo do calendario da fase de ascenso á Liga Feminina Challenge, que xogará por segunda vez o Club Baloncesto Arxil.

O conxunto pontevedrés buscará no Palacio de los Deportes de Utebo (Zaragoza) unha praza na segunda categoría nacional, e farao nunha competición que arrincará o próximo 25 de abril.

Encuandradas no Grupo 2, o primeiro encontro das verdes será o xoves 25 ás 18.15 horas fronte ao Mipelletymas BF León (cuarto da Liga Regular A), equipo contra o que xa pecharon a pasada fin de semana a competición regular.

Un día despois, o venres 26 (16.00 horas), o rival será o Bosonit Unibasket e o sábado 27 (18.15 horas) o HGB Ausarta Barakaldo, cuarto e primeiro respectivamente no Grupo B da Liga Feminina 2.

Ao termo da fase de grupos os dous mellores clasificados de cada un deles accederán ás dúas semifinais do domingo 28, na que se poderán en xogo as dúas prazas de ascenso para os gañadores destes partidos.

CAMPAÑA DE FINANCIAMENTO

Coincidindo co sorteo do play-off, o Arxil activou unha campaña de financiamento para custear a súa presenza en Zaragoza, que estiman achegarase aos 20.000 euros de gasto.

"Necesitamos a axuda de todos: nais, pais, xogadoras ou ex-xogadoras, familiares, comerciantes, empresarios… Calquera simpatizante que poida axudarnos na medida das súas posibilidades", sinala o club pontevedrés habilitando a través da súa páxina web un lugar para realizar achegas de maneira directa.