Segundo triunfo consecutivo da Sociedad Deportiva Teucro despois de gañar con solvencia ao Tacoronte tinerfeño.
O conxunto pontevedrés suma así os seus primeiros dous puntos fóra de Galicia e prolonga a súa boa serie en liga.
En canto ao encontro, arrincou cun parcial de 2-0 para o conxunto local que enseguida Marchette, con dous tantos, igualou de novo.
Con todo, o Teucro non conseguía despregar o seu xogo e ía a remolque en todo momento, ata que pasado o minuto 20 todo cambiou.
Marchette de novo con dous goles empatou, e Krook e Caue encargáronse pór ao seu equipo por diante por primeira vez no choque (7-9).
Pediu tempo morto José Manuel Correa para reactivar aos seus, pero non o conseguiu. O equipo visitante seguiu facendo dano e elevou a vantaxe até os catro tantos ao descanso (10-14).
Despois do paso polos vestiarios foi mellor o Tacoronte cun 2-0 inicial, pero até aí foi todo.
O monólogo teucrista continuou cunha gran defensa e as paradas de Miguel Jiménez que se traducían en rápidas contras coas que ampliaba a diferenza até o 17-22 no minuto 44.
O técnico local parou de novo o tempo, pero tampouco logrou o seu labor xa que o Teucro mantívose firme até o bocinazo final para facerse cun solvente triunfo por 22-29.
Consulta as estatísticas neste enlace