Sofía Barros pecha o Campionato de España de Natación con tres medallas de bronce

Pontevedra
10 de marzo 2025

A nova nadadora do Galaico regresa de Sabadell cun botín de tres medallas no Campionato de España Júnior de Inverno

Sofía Barros, co terceiro bronce conseguido no Campionato de España Júnior de Inverno
Sofía Barros, co terceiro bronce conseguido no Campionato de España Júnior de Inverno / CN Galaico

Triplete de medallas, todas elas de bronce, para Sofía Barros no Campionato de España Open de Primavera e Júnior de Inverno que finalizou este domingo en Sabadell tras cinco días de competición.

A xove deportista do Club Natación Galaico concluíu a competición júnior como a empezou, no podio.

Se na primeira xornada xa fora a terceira mellor nos 400 estilo libre para nadadoras de 16 anos, a pontevedresa repetiu a súa brillante actuación en dúas ocasións máis.

No segundo día do Nacional subiu ao terceiro caixón o podio no 1.500, nunha proba que se decidiu por centésimas. Barros parou o crono nun tempo de 17:26.14 (13ª absoluta), superando por unha estreita marxe a María Franco, do CN San Vicente (17:26.40) que foi cuarta. O ouro levouno Alba Rubio (16:50.50) e a prata Carlota del Río (17:12.80).

Era a súa segunda medalla pero faltaba outra, no último día do Campionato de España. Foi no 200 Libre e tamén cun apretadísimo final.

A gañadora desta proba foi Sara Costa (2:03.50), con Julia Medina en segunda posición (2:05.42) e Sofía Barros terceira (2:05.53) con só catro centésimas de marxe sobre a cuarta clasificada.

Un peche redondo nun campionato no que tamén asinou un quinto posto no 800 Libre.

O Club natación Galaico estivo tamén representado en Sabadell por outras dúas nadadoras, Antía García (50 libre, 100 libre, 50 bolboreta, 100 bolboreta) e Rosalía Soler (100 bolboreta e 100 costas).