A renovación do Marín Futsal vai camiño este verán de revolución, e é que se as saídas de Ceci e Pau xa supoñían dúas baixas de peso, séguelles agora una das xogadoras máis determinantes do fútbol sala español e internacional.
Silvia Aguete non seguirá defendendo a portería da Raña, poñendo fin a "dúas incribles tempadas", recoñece o club.
A gardameta internacional pontevedresa, elixida no seu momento como a mellor do mundo e tripla campioa continental coa Selección Española, afrontará agora un novo reto na máxima categoría.
"Desde o club estamos tristes por non poder seguir gozando das súas accións baixo paus na Raña, pero tamén felices por todas as tardes de grandes actuacións que puido gozar a nosa afección", sinala o Marín Futsal.
De feito, segundo adiantou o programa Galicia en Goles da Radio Galega, o seu destino será o Melilla Sport Capital, actual cuarto clasificado e que pelexará esta tempada no play-off polo título de liga.
Anticipamos dous movementos no fútbol sala feminino.
— Galicia en Goles (@GALICIANGOLES) May 19, 2023
Peque será nova xogadora do Alcorcón, e Silvia Aguete do Melilla.