Unha vez confirmada a clasificacion para oitavos de final da Copa da Raíña, Marín Futsal e Poio Pescamar afrontan un novo reto ligueiro.
O cadro marinense recibirá o sábado na Raña ao Torreblanca Melilla Ciudad do Deporte FS (17:00 horas), contra o que buscará conseguir un resultado positivo e afastarse da zona comprometida da clasificacion.
O encontro será o regreso da porteira pontevedresa Silvia Aguete, que non llo poñerá nada fácil ao seu ex equipo, secundada na cancha por unha extensa lista de boas xogadoras entre as que destacan especialmente Bia, Amadinha ou Bea Souza, a súa máxima goleadora en liga con catro tantos.
Pola súa banda, as vermellas terano quizá un pouco máis sinxelo, visitando A Coruña onde se medirán o domingo ao Viaxes Amarelle FSF (13:00 horas), un rival que só gañou un partido dos catro disputados.
O cadro de López-Tulla quere traer os tres puntos a Poio para enganchar a boa dinámica da pasada campaña e seguir escalando posicións na clasificación