O Poio Pescamar e o Marín Futsal teñen representación na convocatoria feita pública este martes da Selección Española de Fútbol sala.
Na lista confeccionada pola seleccionadora Clàudia Pons están incluídas a gardameta pontevedresa Silvia Aguete, do Marín Futsal, e tamén a ala Luci, do Poio Pescamar.
Ademais figura na convocatoria outra pontevedresa, a peche Jenny Lores (Ourense Envialia), e outra futbolista galega como Ale de Paz (Burela).
A cita é para unha concentración de preparación que se desenvolverá na Ciudad del Fútbol de Las Rozas do 20 ao 23 de setembro, tras a primeira xornada de liga, e que incluirá tamén un encontro amigable o día 22 fronte ao Futsi Atlético Navalcarnero.