Silvia Aguete, Jenny Lores e Luci quedan sen Euro pola guerra en Ucraína

Pontevedra
10 de marzo 2022

A UEFA decidiu pospoñer a final a catro polo título continental, na que ademais das seleccións de España e Portugal ían participar Ucraína e Rusia. As xogadores de Marín Futsal, Ourense Envialia e Poio Pescamar, que esperaban estar na cita, foron convocadas en cambio pola selección nacional para disputar un partido amigable fronte a Brasil

Luci, Jenny Lores e Silvia Aguete nun partido internacional entre España e Portugal
Luci, Jenny Lores e Silvia Aguete nun partido internacional entre España e Portugal / RFEF

A UEFA decidiu pospoñer sen data a final a catro da Eurocopa de Fútbol Sala Feminino, na que España defendía o título conseguido en 2019 e na que esperaban estar as pontevedresas Silvia Aguete (Marín Futsal) e Jenny Lores (Ourense Envialia) así como Luci, xogadora do Poio Pescamar.

A decisión tomouse pola situación de guerra en Ucraína, xa que na cita estaba prevista a participación das seleccións de España e Portugal e tamén as dos dous países involucrados no conflito, Rusia e a propia Ucraína.

Desta forma as tres futbolistas, habituais nos plans da seleccionadora nacional Claudia Pons, quedan sen un dos seus principais obxectivos do curso, aínda que seguen presentes nas convocatorias internacionais. De feito en lugar da Euro aproveitarase para realizar unha concentración de preparación e xogar un encontro amigable fronte a Brasil o día 21 de marzo.

Alí estarán Silvia, Jenny e Luci dentro das 16 xogadoras citadas.

Esa concentración, que dará comezo o domingo día 13 de marzo, estaba prevista como posta a punto da Euro que se ía disputar en Portugal do 23 ao 25 deste mesmo mes. 

No que respecta ao amigable contra Brasil, xogarase nunha sede aínda por concretar.

Arquivado en