O regreso da pontevedresa Silvia Aguete á Selección Española Absoluta non foi cousa dun día, e a xogadora do Poio Pescamar empeza a converterse nunha fixa nos plans de Alicia Morell.
A gardameta, que en outubro participou nun dobre amigable ante Portugal con titularidade incluída nun dos encontros, volveu a ser citada para unha nova convocatoria do combinado nacional.
Silvia concentrarase o vindeiro domingo12 de novembro, tras a próxima xornada de liga, en Alcázar de San Juan, Cidade Real, para afrontar dous compromisos de preparación ante a selección de Rusia.
Os partidos xogaranse o martes 14 de novembro e o mércores 15 no Pavillón Municipal de Tomelloso.
Ademais de Silvia Aguete completan a convocatoria de España: Jenny (Universidad de Alicante), Isa García (Alcorcón), Peque (Cagliari), Mayte Mateo (Roldán), Ana Luján (Alcorcón), Irene (Alcorcón), Ampi (Citta Di Montesilvano), Berta (Penya Esplugues), Luci (Ourense Envialia), Consu (Roldán), Amelia (At.Madrid Navalcarnero), Vanessa Sotelo (Alcorcón) e Cris (UCAM Murcia).