Shaquille Doorson, potencia para a pintura do Peixe Galego

Marín
31 de xullo 2019

O pívot de Países Baixos, de 213 centímetros de altura, comprometeuse co equipo marinense para a próxima tempada na liga LEB Ouro  

Shaquille Doorson, novo xogador do Peixe Galego
Shaquille Doorson, novo xogador do Peixe Galego / Marín Peixe Galego

O Marín Peixe Galego segue dando pasos na confección do plantel co que competirá a próxima tempada na esixente Liga LEB Ouro.

A última peza confirmada chega para facerse un oco no xogo interior, onde a dirección deportiva espera que se converta nun xogador básico.

Trátase de Shaquille Doorson, pívot de Países Baixos que conta con "moita capacidade de intimidación e rebote, e que finaliza de forma contundente", sinalan desde a entidade marinense.

Doorson, de 213 centímetros de estatura, procede da liga universitaria norteamericana (NCAA), onde chegou tras pasar polo Canarias Basketball  Academy.

Na NCAA xogou nas filas dos Scarletknights da Universidade de Rutgers, equipo no que era titular o último ano con 18 minutos de xogo, 3,7 puntos e 4,3 rebotes por partido de media.

Con el son xa oito os xogadores cos que conta Javi Llorente para a próxima tempada, xunto a Joel Hernández, Tai Badmus, Rodrigo Seoane, Álex Mazaira, Orellano, Carlos Noguerol e Jacobo Díaz.