Sete representantes da arbitraxe pontevedresa dirixirán partidos de fútbol en categoría estatal o próximo curso

Pontevedra
27 de xuño 2023

Alejandro Muñiz Ruiz é proposto para arbitrar en competicións internacionais, mentres que Pastoriza Iglesias mantense en Primeira Federación e Oliveira Divos únese en Segunda Federación a Juncal Moreira e Gómez Lameiro. Seguen en Primeira feminina as asistentes Romero Cancelas e Rosendo González, que tamén realizará prácticas en Segunda Federación masculina

Iria Rosendo, nas probas organizadas polo Comité Técnico de Árbitros (CTA)
Iria Rosendo, nas probas organizadas polo Comité Técnico de Árbitros (CTA) / CTA Pontevedra

Os movementos arbitrais confirmados nas categorías nacionais por parte do Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Española de Fútbol culminan con sete árbitros e árbitras vinculados ao colexio de Pontevedra con presenza neste tipo de competicións.

Ademais do pontevedrés Muñiz Ruiz que, ademais de encadear a súa terceira tempada consecutiva en Primeira División masculina, acaba de ser proposto para dirixir partidos internacionais; a arbitraxe pontevedresa contará este ano cun colexiado en Primeira Federación e tres. en Segunda Federación. Ademais, exercerán de árbitras asistentes en Primeira División feminina Iris Romero Cancelas e Iria Rosendo González. Esta última compaxinarao coa realización de prácitcas en Segunda Federación masculina. 

Continúa unha tempada máis como xuíz de Primeira Federación masculina Daniel Pastoriza Iglesias; mentres que a Alberto Gómez Lameiro e a Álvaro Juncal Moreira úneselles en Segunda Federación Miguel Oliveira Dios tras o seu ascenso desde Terceira Federación.

Con respecto á arbitraxe feminina, ascende a Primeira División feminina a pontevedresa Iris Romero Cancelas para exercer de árbitra asistente. Mentres que a súa homóloga Iria Rosendo González mantén a categoría e, ao formar parte do programa Elite nivel prata, pasará o próximo curso a realizar prácticas no cuarto chanzo do fútbol nacional masculino.