A Sociedad Deportiva Teucro mantén a súa boa serie no arranque ligueiro cun bo triunfo ante o Balonmano Ingenio.
Foi un partido igualado, polo menos ata o segundo tempo, onde ningún equipo foi capaz de impoñer o seu xogo e conseguir unha clara vantaxe ata que se alcanzou o minuto 18 de xogo. O marcador mostraba un empate a 11 e foi nese momento cando os de Irene Vilaboa conseguiron un importante parcial de 0-4 que complicaba as cousas ao cadro local (11-15).
Con Pintus como líder na ofensiva teucrista seguiron os de Lérez impoñendo o seu xogo, ata que nos últimos instantes do primeiro tempo, unha serie de erros serviron ao Ingenio para reducir diferenzas e enviar o encontro ao descanso nun apertado 17-19.
Despois do paso polos vestiarios as cousas complicáronse para un Teucro que estaba moi incómodo sobre a cancha e que vía como o seu rival poñíase por diante por primeira vez no partido (22-21).
Dzokic e Rivas devolveron a vantaxe aos de Pontevedra e aos poucos, grazas ao porteiro Santana e un tanto de Krook, a renda de dous goles volveu lucir no marcador (23-25).
A partir dese momento practicamente todo foi carne sen ósos, o Teucro apertou en defensa e cambiou a estratexia ofensiva para burlar a zaga dun Ingenio que a pesar de tentalo, foi incapaz de impedir o triunfo rival por 29-35.