O Centro Deportivo Municipal de Gallur, en Madrid, acollerá a fin de semana unha das grandes competicións da tempada para o atletismo nacional.
Alí disputarase o Campionato de España Absoluto Short Track, do venres 21 ao domingo 23 de febreiro, e alí estará representada a Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
Até sete dos seus atletas masculinos conseguiron a marca mínima para participar neste Campionato de España.
O primeiro en competir será Sergio Coello en lonxitude, co obxectivo de lograr un boleto para o próximo Campionato de Europa ou polo menos achegarse á marca esixida.
Ese Europeo Indoor terá lugar en Apeldoorn (Países Baixos) do 6 ao 9 de marzo.
Volvendo ao Campionato de España, Xabi Lires competirá nos 200 metros, mentres que Oriol Madi e Alexis Miguéns están inscritos nos 400 metros lisos.
Tambén competirá en Gallur nos 60 metros valas Mario Revenga, co obxectivo de facerse un oco na final, e Pedro Osorio fará o propio nos 800 metros.
Por último Oriol Almirall participará directamente na final de salto con pértega.