Continúan os movementos nas filas da Sociedad Deportiva Teucro para planificar a próxima tempada, na que buscará o ascenso a División de Honra Prata tras quedar este ano ás portas de conseguilo.
Despois de anunciar as saídas de Marko Dzokic e Xurxo Rivas e a renovación de Dani Vicente Pintus, o vicedecano confirmou a súa primeira fichaxe.
Trátase do angoleño Sergio Wagner, que chega procedente do Balonmán Gáldar de Gran Canaria para reforzar o ataque do equipo pontevedrés. Wagner anotou 139 goles en 30 partidos ao longo da pasada campaña.
Así mesmo, o Teucro confirmou que tanto Eloy Krook como Miguel Monteagudo continuarán unha tempada máis vestindo a elástica azul. O segundo forma parte da familia teucrista desde que era alevín e renovou por dúas tempadas máis.