O Centro Cultural Xaime Illa de Raxó foi escenario este venres 15 de febreiro da III Gala Premios Poio Móvese.
Na mesma recoñeceuse o esforzo e adicación de deportistas e entidades que impulsan o deporte local no municipio.
Nesta ocasión, o premio ao mellor deportista masculino local do pasado ano foi para o piragüista Sergio Vallejo, que superou en votos a Iván Fernández (balonmán) e Mateo Palmeiro (tiro con arco). Pola súa banda a mellor deportista feminina foi a futbolista Silvia Aguete (fútbol-sala), por diante de Teresa Abelleira (fútbol) e Paula e Paloma González (vela).
Ademais o Poio Bike Club foi distinguido como mellor entidade, categoría na que tamén eran finalistas o Grupo Deportivo Supermercados Froiz e ACDM Armadiña.
Por último na gala entregouse tamén o premio especial concedido polo Consello Municipal de Deportes, único que xa se coñecía e que foi para o Motoclub A Rosa dos Ventos polo décimo aniversario da concentración moteira.