O taekwondista marinense Sergio Troitiño fixo historia ao proclamarse campión de Europa Sub-21 na categoría de -87kg.
O deportista, que xa demostrara o seu talento a nivel continental en categorías inferiores, volveu a subir ao máis alto do podio, consolidándose como unha das grandes promesas do taekwondo español.
Esta vez, en Saraievo, Troitiño impúxose con autoridade aos seus rivais.
En semifinais, derrotou pola vía rápida ao ruso Vladislav Budin (13-0 e 18-15), logrando o billete directo para loitar polas medallas.
No enfrontamento definitivo esperábao o grego Maretis, ao que superou por un contundente 25-18 e 19-1, demostrando unha superioridade que deixou sen opcións ao seu rival para coroarse campión de Europa Sub-21.
Sergio Troitiño acumula no seu palmarés un ouro europeo cadete, un bronce mundial junior, un bronce europeo junior e agora, un ouro europeo Sub-21.