Primeira proba internacional da tempada e gran resultado para Sergio Troitiño. O deportista do Mat's de Marín, recentemente proclamado campión de España Sub-21, deu continuidade ao seu bo momento no Open de Polonia de Taekwondo celebrado en Varsovia.
Troitiño conseguiu a medalla de prata en -87 quilos despois de tres combates disputados.
No seu primeiro enfrontamento superou ao polaco Adrián Wojtokowiak en dous asaltos (11-8, 11-7), e repetiu nas semifinais fronte ao checo Adam Jochman (5-5, 15-1).
Na final esperáballe o local Szymon Pietkwoski, ao que non puido vencer caendo en dous asaltos (3-6, 5-15).
Galicia sumou en Polonia unha segunda medalla, tamén de prata, por medio de Tania Castiñeira (+73, Hebe).