Sergio Troitiño e Iván García, ouro e bronce no Open de Bulgaria

Marín
04 de marzo 2024

Fin de semana redonda para Sergio Troitiño e Iván García no Open de Bulgaria. Os deportistas marinense do Mat's fixéronse coa medalla de ouro e de bronce respectivamente nun torneo no que tamén competiron as súas compañeiras de equipo Arlet Ortiz e Silvia Otero, pero foron eliminadas nos cuartos de final nos seus correspondentes enfrontamentos  

Sergio Troitiño e Iván García coas medallas de ouro conseguidas no Open de Suecia (arquivo)
Sergio Troitiño e Iván García coas medallas de ouro conseguidas no Open de Suecia (arquivo) / Federación Galega de Taekwondo

Fin de semana redonda para Sergio Troitiño e Iván García no Open de Bulgaria. Os deportistas marinense do Mat's fixéronse coa medalla de ouro e de bronce respectivamente nun torneo no que tamén competiron as súas compañeiras de equipo Arlet Ortiz e Silvia Otero, pero foron eliminadas nos cuartos de final nos seus correspondentes enfrontamentos.

No caso de Trotiño, accedeu ao campionato como cabeza de serie número dous e obtivo o seu primeiro triunfo en cuartos tras derrotar en dous asaltos de tres a Dimitrije Pryaznikov (5/9, 8/3 e 4/2), que competía coa bandeira de deportistas refuxiados.

En semifinais enfrontouse ao francès Ismael Bouzid ao que someteu tamén noutros dous asaltos de tres (11-4 , 2-2 e 8-7) para acceder á final do torneo, onde se viu as caras co grego Vasileios Tholiotis, cabeza de serie do seu peso. Nesta ocasión, o deportista marinense fixo valer a súa condición física para superar ao seu opoñente tras un impresionante combate que concluíu en 12-7 e 11-10.

Iván García, pola súa banda, conseguiu a medalla de bronce tras gañar o seu primeiro combate de semifinais en dous asaltos contra Honduras. Con todo, no seguinte enfrontamento caeu contra o campión olímpico ruso Lanín e tivo que conformarse coa terceira praza do podio.