Serán de recoñecemento en Pontevedra ao mellor taekwondo galego

Pontevedra
21 de setembro 2024

O Auditorio do Centro Príncipe Felipe albergou este sábado a gala de entrega dos Premios do Taekwondo Galego 2023. O evento, organizado pola Federación Galega de Taekwondo, recoñeceu os logros dos deportistas, adestradores, clubs e xuíces galegos durante o ano 2023

Gala de entrega dos Premios do Taekwondo Galego 2023
Gala de entrega dos Premios do Taekwondo Galego 2023 / Cristina Saiz

O Auditorio do Centro Príncipe Felipe albergou este sábado a gala de entrega dos Premios do Taekwondo Galego 2023.

O evento, organizado pola Federación Galega de Taekwondo, recoñeceu os logros dos deportistas, adestradores, clubs e xuíces galegos durante o ano 2023, que foi especialmente exitoso para o taekwondo da comunidade tanto a nivel nacional como internacional.

A Ffederación outorgou premios en diversas categorías, incluíndo hapkido, parataekwondo, freestyle, técnica e combate. Tamén se recoñeceu aos mellores clubs, árbitros e adestradores.

Neste sentido, o Premio Hapkidofoi para o club Sam Mu Dojang, mentres que o premio a mellor equipo promesa foi concedido á parella técnica junior formada por Laura Álvarez e Marco García. A distinción de mellor equipo absoluto foi para a parella técnica absoluta, composta por Tomás Fernández e Raquel Guillén, e o o galardón a mellor adestrador foi para Jesús Benito.

No ámbito do parataekwondo, a federación recoñeceu a Paula Treus como mellor deportista feminina na modalidade de técnica e a Javier Fernández como mellor deportista masculino na modalidade de técnica.

En freestyle, o premio a mellor club foi para Hebe. Ademais, Antón Sabín e Ángela Paz recibiron o título de mellores deportistas promesa na mesma modalidade. Na categoría absoluta, Manuel Alejandro Paz e Celia García foron premiados como mellor deportista masculino e feminina bsoluta, respectivamente.

Na sección de técnica, o mellor club foi Neka, e o premio a mellor árbitro de técnica foi concedido a Nerea Paradelo. Tamén recoñeceron a Marco García e Laura Álvarez como mellores deportistas promesa desa modalidade. Na categoría absoluta, os premios foron para Alejandro Losada e Raquel Guillén.

En combate, a federación outorgou o título de mellor club na modalidade de combate a Natural Sport Riveira e o premio a mellor árbitro de combate foi para Verónica Piñeiro. Así mesmo, Helena García e Mateo Boudjenane foron recoñecidos como mellor deportista feminina e masculino promesa, respectivamente, mentres que Tania Castiñeira e Sergio Troitiño recibiron o galardón de mellor deportista feminina e masculino absoluto.

A federación tamén outorgou mencións especiais, destacando á Deputación de Pontevedra como a institución máis colaboradora e a Ence como a entidade privada máis colaboradora. No ámbito dos medios de comunicación, PontevedraViva e Diario de Pontevedra foron recoñecidos como o mellor medio dixital e o mellor medio escrito, respectivamente.

En canto á traxectoria no mundo do taekwondo, distinguiuse a Óscar Rey, Pedro Iván Rodríguez, Marco Carreirae José Manuel López.

Finalmente, outorgáronse mencións de honra a clubs activos máis de 30 anos a Mace Sport e Couto.