A Selección Española Júnior de natación artística brilla en Pontevedra

Pontevedra
08 de febreiro 2025

O combinado nacional exhibiu as súas mellores coreografías ante o público pontevedrés, que presenciou de primeira man o resultado do traballo e o nivel de esixencia que require esta disciplina

Exhibición da Selección Española Júnior de natación artística
Exhibición da Selección Española Júnior de natación artística / Cristina Saiz

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños vestiu de gala este sábado para acoller unha exhibición moi especial.

A Selección Española Júnior de natación artística, que estivo concentrada en Pontevedra preparando as rutinas que presentarán no Campionato de Europa de Natación Artística que se celebrará en Atenas o próximo mes de xuño, realizou unha demostración das súas mellores coreografías que puxeron en pé ao público pontevedrés.

Os asistentes puideron presenciar de primeira man o resultado do traballo e o nivel de esixencia que require esta disciplina deportiva.

Ao longo desta semana e baixo a supervisión das súas adestradoras, as nadadoras estiveron realizando sesións de adestramento de máis de seis horas ao día.

Compaxinárono con outras actividades como unha recepción municipal ou visitas a colexios para promocionar este deporte e para que os nenos e nenas puidesen coñecelas.

Ademais, a concentración permitiu as deportistas do Club Natación Artística Galaico Pontevedra e doutras disciplinas acuáticas compartir piscina coas integrantes dun combinado nacional do que sairán futuras nadadoras absolutas e, por que non, posibles nadadoras olímpicas.

Entre as deportistas citadas pola Real Federación Española de Natación estivo a pontevedresa Daniela Suárez, habitual nas seleccións nacionais en categorías de formación.

A celebración desta concentración supón o punto de partida dunha lista de competicións de natación artística de nivel internacionalque marcaron como obxectivo o Concello de Pontevedra e o Comité Técnico da Federación Europea de Natación (LEN) e que desvelarán proximamente.