Seis xornadas comporán o Circuíto de Atletismo en Pista 2025 da Gimnástica

Pontevedra
28 de marzo 2025
Actualizado: 13:57

O circuíto de atletismo preséntase como unha oportunidade de medirse en competición para os deportistas galegos de todas as categorías entre os meses de abril e xullo

XXVI Trofeo Cidade de Pontevedra de atletismo
XXVI Trofeo Cidade de Pontevedra de atletismo / Mónica Patxot

A Sociedad Gimnástica pon en marcha un ano máis o seu Circuíto de Atletismo en Pista.

Co apoio do Concello de Pontevedra a entidade deportiva expón o circuíto como unha oportunidade para que os atletas galegos se poñan a proba e aumenten o seu ritmo de competición de cara aos campionatos autonómicos e nacionais.

Farao por segundo ano consecutivo con seis eventos previstos nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Todo eles entre os meses de abril e de xullo abertos a todo o atletismo galego e especialmente aos clubs da provincia de Pontevedra.

A primeira cita do calendario terá lugar o mércores 9 de abril co II Control da Escola de Atletismo da Sociedad Gimnástica.

Despois organizaranse eventos como o LI Trofeo Boa Vila (7 de maio), o XLIX Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra (28 de maio), o XXX Trofeo Cidade de Pontevedra (11 de xuño), o XXVI Memorial Celso Mariño (9 de jullio) e o XLIX Trofeo Virxe Peregrina (18 de xullo).