O Arosa SC conta xa as horas para dar oficialmente comezo á pretempada do seu primeiro equipo.
Míchel Alonso citou os seus futbolistas o vindeiro mércores 24 de xullo á primeira sesión de adestramento, que tendra lugar ás 11.00 horas da mañá no campo de fútbol Manuel Jiménez, e é que o horario de traballo matinal é un dos cambios implantados este verán co novo proxecto deportivo.
Mentres non chega ese momento, o club arlequinado confirmou o seu calendario estival, con ata seis encontros de preparación entre Copa Federación e partidos amigables.
O primeiro encontro de pretempada do Arosa será precisamente na fase autonómica de Copa Federación, recibindo na Lomba o Alondras o sábado 3 de agosto (20.30 horas). Dependendo deste encontro e de se o equipo segue adiante nesta competición o resto de choques pactados poden sufrir variacións.
Eses amigables seguirán o sábado 10 de agosto en Baltar (21.30 horas) fronte ao Portonovo, RC Celta Fortuna o sábado 17 de agosto (20.00 horas, A Lomba), RC Deportivo Fabril o xoves 22 (20.00 horas, A Lomba), Umia CF o mércores 28 (20.00 horas, Zacande) e por último o domingo 1 de setembro contra o Céltiga no Salvador Otero da Illa.
NON QUEDA NADA! Esta semana comezamos a pretemporada… E vaia pretemporada!
— Arosa SC (@ArosaSCOficial) July 22, 2024
Novo comezo, mesma ilusión! Arosismo, IMOS!
As datas dos partidos poden sufrir modificacións en función da Copa Federación. #ArosaSC#ForzaArosapic.twitter.com/caxwVonSq7