Segundo triunfo consecutivo dun Villalonga que se reengancha á pelexa pola permanencia

Sanxenxo
08 de decembro 2024

O conxunto celeste, que entre semana vencera o Valladares, superou este domingo o Boiro en San Pedro e mira con máis optimismo que nunca ao seu futuro na Terceira RFEF

Partido do Villalonga en Terceira RFEF
Partido do Villalonga en Terceira RFEF / Villalonga FC

Sete xornadas sen gañar levaba o Villalonga, afundido na clasificación da Terceira RFEF.

A situación provocou recentemente un cambio no banco, coa saída de Luciano e a contratación de Alberto Mariano, e o equipo celeste empeza a reaccionar.

Tras superar o pasado xoves 5 de decembro o Valladares, en partido aprazado, este domingo repetiron xogada ao vencer o Boiro no Estadio de San Pedro (1-0).

Dous triunfos en apenas catro días que relanzan as súas opcións e fanlles mirar agora o futuro na categoría con máis optomismo que nunca.

Os celestes realizaron fronte ao Boiro un encontro serio, no que se adiantaron no minuto 25 cun gol de Raúl Diz.

Despois souberon sufrir pola incerteza do marcador para non conceder ningún tanto ao seu rival e quedar con tres vaiolísimos puntos.

De feito, aínda que seguen en postos de descenso directo, os de Alberto Mariano colocáronse en só catro días con 12 puntos, empatando co propio Boiro que marca a fronteira coa zona de permanencia.

Con 13 puntos están ademais Valladores e Somozas e con 15 o Barbadás, todos eles a só un partido de distancia. Quen o diría ao comezo da semana.

Consulta aquí a acta do partido entre Villalonga FC e CD Boiro.