Segunda vitoria consecutiva na casa para o equipo masculino sénior do Club Voleibol Pontevedra e terceira da tempada.
O bloque lerezano impúxose no Multiusos da Xunqueira ao Boiro (3-0) e a falta dunha xornada encóntranse na novena posición da fase autonómica da Segunda División con 11 puntos.
A cara negativa da xornada foi a derrota do equipo sénior feminino, que cedeu ante o mesmo rival, o Boiro, nun apertado encontro por 2-3.
As rapazas mantéñense sen embargo nunha cómoda posición, sextas, con 34 puntos.
En canto ás categorías inferiores os infantís achéganse á fase final, manténdose no alto da clasificación, mentres os xuvenís B se aseguraron o seu pase á fase zonal.
Pola súa banda tamén encaixou unha derrota o xuvenil A feminino.