A Sociedad Gimnástica abriu esta fin de semana o inicio do campionato de España de clubes de División de Honra e Primeira División coa intención de facerse coa permanencia tanto no masculino como no feminino.
Na máxima categoría masculina,o conxunto pontevedrés viaxou a Soria para medirse contra o Atletismo Numantino, a Real Sociedade e o CAPEX, onde cumpliu o obxectivo principal de firmar un terceiro posto e superar aos extremeños con 159 puntos. Carlos Porto nos 3.000 m., Alfonso García na altura e Carlos Revuelta en martelo foron quenes gañaron as súas probas.
O equipo feminino, pola súa banda, desplazouse a Vigo para disputar a primeira xornada de Primeira División onde se mediu a Celta, Oviedo e Club Atletismo Valladolid.
A Gimnástica fixo un bo papel na súa participación firmando un segundo posto con 181 puntos, só por detrás do equipo anfitrión (197), grazas aos triunfos de Lucía Ferrer nos 100 valos, Andrea Villaverde na lonxitude, María Ezquerro en disco, Andrea González en xavelina, e o equipo de remudas dos 4×400 m. Antía Chamosa nos 5.000 marcha fixo un rexistro de 22:16.57 logrando ademáis do triunfo da proba o récord galego absoluto da distancia.