Unha semana fantástica é a que protagonizou Iván García a nivel internacional, con dobre presenza no podio de importantes competicións que lle outorgan importantes puntos no ranking.
O deportista do Mat's de Marín foi prata no Open de Croacia da categoría G-1, tras un gran campionato no que só foi superado nunha apertada final, e esta fin de semana repetiu resultado no Open de Francia celebrado en París.
Iván competía na categoría de -87 quilos, representando á Selección Española, comezando o torneo cun como triunfo contra o representante de Polonia (9-3).
Máis contundente foi o seu triunfo nos cuartos de final ante o tamén español Manuel Villén, ao que venceu por 20 puntos para plantarse na semifinal. Alí esperáballe o ruso Melikseti, ao que gañou 12-1.
De novo estaba na pelexa por un ouro internacional, do que se só lle separaba o mexicano Bryan Salazar. Foi un combate en grao sumo axustado, co marcador reflectindo un 14-14 a falta de escasos segundos, cando se viu superado polo seu rival para un 15-17 final.
Tamén foi destacada en Francia a actuación do seu compañeiro de equipo Sergio Troitiño, meritorio bronce na categoría cadete +65 quilos.