Derrota do Tenis de Mesa Monte Porreiro no duelo que pechaba a oitava xornada da Superdivisión Masculina.
O conxunto pontevedrés visitaba este mércores o Arteal compostelán, e facíao coa ausencia do portugués André Silva.
No seu lugar Gonçalo Gomes foi o primeiro en competir, sendo superado polo local Ioannis Sgouropoulos.
Reaccionaba o Visit Pontevedra empatando o encontro Martín Betancor ao vencer a Énio Mendes de maneira clara.
Con todo Miguel Ángel Vílchez e os propios Martín Betancor e Gonçalo Gomes non puideron sumar despois cedendo os seus partidos en catro sets e confirmando o 4-1 final en favor do Arteal.
É a segunda derrota consecutiva e a segunda global da tempada para o Monte Porreiro.
A pesar dela mantéñense na terceira posición da Superdivisión con 11 puntos, a dous dos líderes.
O vindeiro domingo 1 de decembro o equipo adestrado por Nando Álvarez terá a oportunidade de resarcirse na visita de L'Escala ao pavillón de Principe Felipe.