Sara Couso repite convocatoria coa Selección Españoña Sub-17 de fútbol sala

Pontevedra
13 de xuño 2024

A xogadora do Club Deportivo La Peña é unha das tres galegas convocadas polo equipo nacional para afrontar un dobre duelo amigable en Portugal

Sara Couso, durante unha concentración da Selección Española Sub-15 de Fútbol Sala
Sara Couso, durante unha concentración da Selección Española Sub-15 de Fútbol Sala / RFEF

A Selección Española Sub-17 de Fútbol Sala volve fixarse na pontevedresa Sara Couso.

A xogadora do Club Deportivo La Peña é unha das tres galegas citadas polo técnico nacional, Iñigo Martínez, para disputar dous encontros amigables en Portugal.

Trátase da terceira citación de Couso coa Selección Española, tras estrearse a pasada tempada co combinado Sub-15 e participar este curso nunha concentración de adestramento do equipo español Sub-17. A iso súmase unha concentración tamén coa Selección Española Sub-16 de fútbol, e é que durante toda a súa etapa de formación compaxinou a súa actividade de fútbol sala en La Peña co fútbol nas filas da AJ Lérez.

Neste caso, Sara Couso concentrarase con España Sub-17 o próximo 23 de xuño, desprazándose ata a localidade lusa de Fundao para xogar fronte á Selección de Portugal Sub-17 os días 25 e 26 de xuño.