A prometedora taekwondista do Mace Sport, Sara Cortegoso, participa estes días nunha concentración co equipo nacional no Centro de Alto Rendemento de Murcia.
A moza foi citada polos técnicos da selección española e permanecerá na capital murciana durante a primeira quincena do mes de agosto.
Acompañada por Tania Castiñeira, do Hebe, son as dúas representantes galegas dunha concentración que servirá para recuperar sensacións despois dos meses de confinamento nos que as loitadoras tiveron que adestrar nas súas casas á espera da volta das competicións.