O deporte de alto nivel segue aos poucos recobrando a actividade, e niso está tamén o taekwondo pensando principalmente nas grandes competicións internacionais da próxima tempada.
Con ese obxectivo prepárase estes días no Centro de Alto Rendemento (CAR de Murcia) a selección nacional, composta polos deportistas bolseiros nos CAR de Madrid e Barcelona e varios externos.
Entre eles atópanse dous representantes do taekwondo pontevedrés, como son Sara Cortegoso (Mace Sport de Pontevedra) e Iván García (Mat's de Marín).
Desde o pasado 28 de setembro e ata este mércores 7 de outubro participan nos adestramentos planificados polos técnicos, na que é a segunda concentración nacional post-COVID.
Ademais de Cortegoso e García, nestas xornadas participan outros taekwondistas galegos: Manuel Parada, Tania Castiñeira e Álex Vidal).