Sara Cortegoso e Arlet Ortiz despídense do Europeo de Pesos Olímpicos de Sarajevo sen opcións de medalla

Pontevedra
12 de decembro 2020

Sara Cortegoso perdeu en primeira rolda ante a británica Maddison Moore, mentres que Arlet Ortiz pasou de rolda con facilidade, pero caeu no segundo combate ante a letona Inese Tarvida

Sara Cortegoso, Iván García e Arlet Ortiz
Sara Cortegoso, Iván García e Arlet Ortiz / Federación Galega de Taekwondo

Case dez meses despois, as pontevedresas Arlet Ortiz (-57) e Sara Cortegoso (-49) regresaron á competición internacional coa disputa do Europeo Sénior de pesos Olímpicos.

Arlet comezou a competición cun triunfo contundente de 20 puntos de diferenza frente a lituana Auguste Kvedaraite. Na seguinte rolda, a rival da pontevedresa foi a taekwondista de Letonia, Inese Tarvida, medalla de bronce no Mundial absoluto de 2019. A de Marín pelexou moi duro pero non puido evitar a derrota.

Pola súa banda, Sara Cortegoso tivo menos fortuna que a súa compañeira. Na primeira rolda tivo que enfrontarse á británica Maddison Moore, unha deportista veterana con experiencia internacional. A marinense, a pesar de chega á cita con boas sensacións físicas, cometeu algúns erros que permitiron á británica escaparse no marcador, tendo que arriscar para recurtar distancias pero sen éxito. Moore foi bronce no campionato.

A pesar de non poder loitar polas medallas, Arlet e Sara estaban "moi satisfeitas polo regreso á competición e con gañas de volver a casa para corrixir erros e seguir traballando para mellorar", explicaron ao rematar a súa participación no Europeo.