Sanxenxo e Cambados gozan coa chegada da Selección Española

O Salnés
30 de novembro 2023

O campo de fútbol de Burgáns foi escenario este xoves dos adestramentos oficiais previos ao partido internacional de España e Italia en Pasarón. Numerosos afeccionados acompañaron os pasos da Selección, desde a súa chegada ao hotel de concentración en Sanxenxo

Adestramento da Selección Española no campo de Burgáns, en Cambados
Adestramento da Selección Española no campo de Burgáns, en Cambados /

Non só Pontevedra goza de chegada da Selección Española de Fútbol, e é que as campioas do Mundo estiveron acompañadas de afeccionados desde o momento que puxeron un pé en terras galegas.

Primeiro foi no aeroporto vigués de Peinador, e despois á súa chegada ao hotel de concentración en Sanxenxo, onde nenas, nenos e afeccionados en xeral puedieron xa fotografarse coas futbolistas.

Tamén foi así no campo de Burgáns en Cambados, onde trasladáronse os adestramentos oficiais tanto de España como de Italia para preservar o céspede de Pasarón de cara ao encontro deste venres.

A Selección Española foi a primeira en comparecer en Burgáns, pouco antes das 16.00 horas da tarde. Foi nunha sesión pechada finalmente ao público e cuxos primeiros 15 minutos só puideron presenciar os numerosos medios de comunicación presentes.

No adestramento a seleccionadora Montse Tomé e o seu equipo de colaboradores prepararon os últimos detalles do seu equipo antes de medirse a Italia. Sobre o céspede compareceron 24 futbolistas, incluída unha Irene Paredes recuperada dos problemas físicos que lle afectaron nos últimos días.

Quedaba un último baño de masas cos afeccionados que esperaban pacientes á saída do campo, ilusionados con poder ver de preto ás campioas do mundo.