Sanxenxo acolle as primeiras roldas do Campionato Galego Cadete de Tenis

Sanxenxo
24 de marzo 2014

As pistas do Circulo Cultural Deportivo acolleron os primeiros enfrontamentos durante o fin de semana

O xogador Pablo Ozores durante o Campionato Galego Cadete de Tenis
O xogador Pablo Ozores durante o Campionato Galego Cadete de Tenis / CCD Sanxenxo

As pistas do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo acolleron este domingo as primeiras eliminatorias do Campionato Galego de Tenis en idade cadete.

Nestas primeiras roldas non se produciron grandes sorpresas entre os principais cabezas de serie, se ben destacou a actuación do xogador local Guillermo Garnelo, quen se meteu nos cuartos de final tras acceder ao cadro final a través da fase previa.

Tras esta primeira xornada, con partidos de primeira e segunda rolda, haberá que esperar ata o próximo fin de semana para retormar a competición.