Seguen os movementos nas filas do Pontevedra pensando na próxima tempada.
Despois da saída confirmada de Álvaro Bustos, o club despídese de Sana N' Diaye tras finalizar o contrato por unha tempada na que disputou 22 partidos coa camiseta granate.
Segundo informou o centrocampista senegalés a través das súas redes sociais, está "ansioso por poder empezar" nunha nova etapa coa UD Melilla para a que asinou por un ano.
Pola súa banda, desde o club azulino anunciaron a súa fichaxe coa que achegará "equilibrio y experiencia a la medular" do equipo.
FICHAJE
— Unión Deportiva Melilla (@UDMelilla) August 16, 2020
Sana N’Diaye pondrá equilibrio y experiencia a la medular azulina.
¡Bienvenido al club y a #Melilla@sanandiaye11 !
https://t.co/bm1KiI5UQg
pic.twitter.com/q0C7JH7TfM