A falta aínda de días para a súa celebración, a San Silvestre Fest de Soutomaior é xa un éxito.
O é porque na súa segunda edición consolida a aposta por este evento deportivo superando xa o medio milleiro de inscritos do pasado ano.
A proba celebrarase o vindeiro sábado 28 de decembro ás 17.00 horas.
O seu percorrido, de 2 quilómetros e accesible a todos os públicos, levará aos participantes desde a Alameda Tallo Río pasando por Rosalía de Castro, Xosé Solla, Rúa Calvario, Cruceiro Calvario, Rúa Lameiriñas, Rúa do Velero, Rúa Barroncas, Rúa Rosalía de Castro e finalizar de novo en Talo Río.
Ademais preparouse un percorrido adaptado a persoas con diversidade funcional, con 180 metros por Talo Río, Rosalía de Castro, Cruzamento Xosé Solla, Rúa Rosalía de Castro e meta en Talo Río.
Será tamén unha xornada solidaria, xa que se recollerán alimentos non perecedoiros que serán entregados ás agrupacións de Cáritas Arcade e Soutomaior.
As persoas inscritas poderán retirar os seus dorsais o xoves 26 e venres 27 de decembro no pavillón da Montesiña en horario de 16.30 a 21.30 horas, ou o día da carreira entre as 15.00 e as 16.00 horas.
A San Silvestre Fest ofrecerá unha tarde completa de actividades que arrincará ás 16.30 horas con exercicios de quecemento con Lucy Salsa Rica. Tamén, tras a carreira, haberá exercicios de estiramento con Miúdos (17.45 horas) e ás 19.00 horas un fin de festa con DJ Milucho.