Saleta Castro conclúe duodécima no Ironman de Sudáfrica

Pontevedra
15 de abril 2018

"Lo luché hasta la meta y se hizo lo que se pudo pero hoy no era el día", asegura a triatleta pontevedresa, que chegou a meta despois de 9 horas, 47 minutos e 58 segundos de esforzo

Saleta Castro no Ironman de Sudáfrica
Saleta Castro no Ironman de Sudáfrica

Non foi o seu día. Saleta Castro chegaba ao Ironman de Sudáfrica co obxectivo de meterse entre as oito primeiras e sumar así importantes puntos no ránking clasificatorio para Hawaii, pero non puido colocarse entre as mellores.

"Un día que se hizo muy largo y muy duro. Lo luché hasta la meta y se hizo lo que se pudo pero hoy no era el día", recoñeceu tras a carreira a pontevedresa.

Saleta chegou a meta en duodécima posición despois 9 horas, 47 minutos e 58 segundos de esforzo. Só 11 minutos separárona do ansiado Top-8.

Máis lonxe quedou a gañadora da carreira e gran favorita, a subcampioa mundial Lucy Charles (8:56:06), completando o podio Susie Cheetham (9:02:58) e Linsey Corbin (9:07:10).

A pesar de todo "de esta carrera aprendo mucho y a seguir trabajando duro hasta que salga", declarou nas súas redes sociais a deportista do Itzu Tri Team pensando xa no seu próximo reto da tempada.