Sabadell coroou a Sabela Martínez como unha das grandes promesas do atletismo nacional.
A deportista da Sociedad Gimnástica, que viña de ser unha das atletas máis novas do último nacional absoluto, conseguiu a medalla de ouro no Campionato de España Sub-18 en Pista Cuberta celebrado a fin de semana.
A pupila de Manuel Hurtado venceu con autoridade na carreira de 3.000 metros parando o crono en 09:56:97.
Non foi a única medalla da Gimnástica en Sabadell, xa que Eloy Acuña conseguiu o bronce no lanzamento de peso con na marca de 15.16 metros.
Obtiveron ademais postos destacados Paco Lamas ao ser quinto no heptatlón e Diego Suárez, oitavo no ranking final dos 400 metros.
MEDALLA NO NACIONAL DE LANZAMENTOS LONGOS
Gran resultado foi tamén o conseguido por un dos reforzos para esta tempada do club pontevedrés, Pablo Costas. O lanzador de xavelina proclamouse subcampión de España absoluto no Campionato de España de Lanzamentos Longos celebrado en Xaén.
Costas fíxose coa praza cun mellor lanzamento de 72.33 metros que supón o seu mellor marca da tempada.