Rugby polo catro custados na Xunqueira

Pontevedra
12 de marzo 2023

O rugby foi o protagonista na matinal deste domingo nas instalacións da Xunqueira con motivo da celebración da VII Concentración de Escolas organizada polo decano do rugby de Pontevedra, o Mareantes Rugby Club  

VII Concentración de Escolas de Rugby na Xunqueira
VII Concentración de Escolas de Rugby na Xunqueira / Cristina Saiz

O rugby foi o protagonista na matinal deste domingo nas instalacións da Xunqueira con motivo da celebración da VII Concentración de Escolas organizada polo decano do rugby de Pontevedra, o Mareantes Rugby Club.

O evento celebrouse entre as 11:00 e as 14:30 horas onde ao redor de 350 nenos das categorías M6-M8-M10 e M12 entre 5 a 12 anos disputaron diversos encontros paralelos para promocionar o deporte oval en Pontevedra.

Os catorce equipos que achegaron xogadores á concentración foron o Crat Coruña, Vigo RC, Mareantes RC Pontevedra, Ingleses RC Vilagarcía, Campus Ourense RC, CR Lalín, Pontevedra Rugby Club, CR Ferrol, Fendetestas As Pontes RC, Capóns de Vilalba RC, Astérix Viveiro RC, Valentes Santiago RC, CD Zalaeta Arteixo e Muralla Lugo RC.

O MAREANTES RCP, "UNHA FAMILIA ABERTA A TODOS"

A escola do Mareantes sempre foi "unha familia aberta a todos" colaborando durante moitos anos con diversas institucións como o Centro Príncipe Felipe axudando a nenos e nenas con risco de exclusión social para conseguir os seus soños e fomentar, sobre todo, o respecto, a educación e o traballo.

O club xa conta con divisións inferiores, un equipo na división M14, M16 e outro sénior, pero quere aumentar a súa presenza coa creación dunha categoría M18 de primeiro nivel con xogadoras e xogadores nados no ano 2006 e 2007. A Escola e Academia Deportiva ten a adestradores de primeiro nivel para formar a novos xogadores e dá a oportunidade a que, todo o que queira, "veña gozar deste marabilloso deporte" todos os luns e venres da tempada. Para probar co equipo, o club facilita o número de teléfono 609347446 ao que se pode escribir ou chamar para recibir máis información.

Ademais, o vindeiro mércores comeza a celebración de San Patricio na Praza de España e o club desenvolverá diferentes eventos diarios que se alargarán até o domingo 19 coa intención de transmitir os valores do rugby e financiar os gastos deste club amateur da cidade.