O Pontevedra xa ten ao seu home gol. Rufo, recentemente chegado de Madrid, adestrou este venres cos seus novos compañeiros e ao finalizar a sesión foi presentado como novo xogador do conxunto granate. O ariete asinou un contrato polo que resta de tempada e dúas campañas máis. "Era unha necesidade que tiña o equipo. Estamos encantados, espero que teña a fortuna que tiña no Internacional e que nos axude a estar o máis arriba posible e a marcar moitos goles, que para iso vén", declarou o director deportivo Roberto Feáns, quen non quixo desvelar as cifras do traspaso. "Son detalles confidenciais entre ambos os clubs", dixo.
Antes de dar a palabra á nova incorporación, o directivo recoñeceu que o club segue buscando pezas para reforzar outras posicións para "aspirar a todo ou poñer todo encima da mesa para tentalo". Agora o Pontevedra rastrexa o mercado en busca dun xogador para a liña defensiva, aínda que o adestrador tampouco descartou a chegada dun mediocentro.
O novo xogador granate confesou que "había varios equipos interesados, pero llevaba hablando con Roberto Feáns bastante tiempo y el Pontevedra es el equipo que más ha apostado por mí", dixo Rufo, a quen lle convenceu a "ambición" da escuadra galega.
Aínda que as cifras goleadoras asinadas polo dianteiro esta tempada son indiscutibles, Rufo é consciente das dúbidas que xera a súa fichaxe e de asinar un contrato tan longo aos seus 33 anos. "La gente que no mire los datos, cuando vengan a verme jugar los domingos que valoren los años que tengo. Nadie me echa 33 años y en el campo lo demuestro. Que me vean y a partir de ahi digan si el contrato es largo o es corto", reta o madrileño.
Tamén falou o veterano atacante do seu idilio co gol. "Normalmente soy un delantero goleador. El año pasado me costó un poco porque llevaba siete años en Asia y no entraba la pelotita aunque me sentí a gusto. Este año me ha venido el plus, pero he metido goles en toda mi carrera", subliña.
Pero o gol non é a súa única virtude."Soy un jugador muy luchador y en el campo me gusta estar en todas las facetas del partido, tanto defensiva como ofensivamente. En el vestuario soy una persona que hace piña", detalla o xogador, quen asume que o feito de anotar dous tantos na súa visita a Pontevedra influíse na súa fichaxe.
Só leva unhas horas na cidade do Lérez, pero Rufo xa tivo tempo para coñecer o bo ambiente que reina no vestiario e na urbe. "Me han recibido muy bien, todos me ofrecen ayuda para instalarme lo más rapido posible", dixo sobre os seus novos compañeiros. Da vida pontevedresa faloulle o exgranate Álvaro Muñiz. "Me dijo que iba a disfrutar mucho, que la ciudad era maravillosa y que el club era muy grande y muy bueno", rematou.
Tras a presentación oficial, pasou Pouso pola sala de prensa de Pasarón. O técnico mostrouse moi satisfeito coa chegada de Rufo e Jose García, quen seguramente non poderá debutar esta fin de semana porque o Extramadura aínda non tramitou os papeis do traspaso. "Rufo nos da cosas de las que carecíamos. Da continuidad al juego, aguanta la pelota, ataca los espacios. Hace muchas cosas bien fuera del área", destacou asumindo a responsabilidade de ambas as incorporacións.
"Era el número uno en mi lista y no es habitual que accedas al número uno siendo el Pontevedra porque hay equipos más potentes. Agradezco a Lupe Murillo el esfuerzo para traerme a este jugador. No es un capricho es un jugador contrastado", remarcou o adestrador, que só explicou a súa idea de xogo ao ariete para convencelo porque "el Pontevedra se vende solo".
RIVERA
A chegada do atacante madrileño deixa ao canteirán Jose Rivera como o cuarto dianteiro centro do equipo. No club son conscientes desta situación e do desexo do futbolista por dispoñer de máis minutos de xogo, por iso non lle pecharán a porta de saída. "No tengo ni una sola queja de su comportamiento. Ha dicho que quiere mas minutos y yo no se los puedo garantizar. Ni a él ni a nadie. El que quiera marchar tiene la puerta abierta. Yo entiendo al chaval, ojalá le salga todo bien y el Pontevedra es su casa", dixo Pouso dando por feita a súa saída da casa granate.