Rubén Etayo non seguirá no Cisne

Pontevedra
07 de xuño 2024

O club pontevedrés comunicou a saída do pivote tras unha tempada no equipo. É a segunda baixa confirmada pensando xa no próximo curso na División de Honra Prata

Rubén Etayo, no partido de liga entre Cisne e Eón Horneo Bm Alicante no Municipal
Rubén Etayo, no partido de liga entre Cisne e Eón Horneo Bm Alicante no Municipal / Cristina Saiz

O Club Cisne Balonmán púxose ao choio para empezar a planificar a próxima tempada, na que volverá competir na División de Honra Prata.

En primeiro lugar o club pontevedrés comezou por confirmar as súas primeiras saídas.

Non continuará no equipo Rubén Etayo, pivote que chegou o pasado verán procedente do BM Zamora converténdose en peza importante nos esquemas do técnico, Jabato.

Trátase da segunda baixa no cadro cisneísta, no que tampouco seguirá a primeira liña Dani Serrano.