Roney Franzini rompe o tendón de Aquiles e di adeus á tempada

Pontevedra
27 de febreiro 2024

Importante contratempo para o Club Cisne, que perde ao seu gardameta polo que resta de tempada debido a unha grave lesión que se produciu no último partido de liga en Alacante

Roney Franzini (92), no partido de liga entre Cisne e Ciudad Real no Municipal
Roney Franzini (92), no partido de liga entre Cisne e Ciudad Real no Municipal / Cristina Saiz

Importante contratempo para o Club Cisne Balonmán, que perde para o que resta de tempada a un dos seus homes clave, o gardameta Roney Franzini.

O porteiro lesionouse nos instantes finais do duelo da pasada fin de semana en Alacante, e tres días despois tras someterse ás pertienentes probas o equipo pontevedrés confimou a peor das noticias posibles, e é que Franzini sofre unha rotura total de tendón de Aquiles, unha grave doenza que o terá afastado das canchas de xoga durante unha longa tempada.

"Estamos contigo Roney! Moito ánimo e forza!", sinalou o Cisne a través das súas canles oficiais ao facer oficial o diagnóstico.

O certo é que esta campaña as lesións castigaron con dureza o Cisne, situación que se notou no seu rendemento na División de Honra Prata. 

Hai que lembrar que o primeira liña Carlos Ocaña rompeu esta campaña o ligamento cruzado do xeonllo, e o propio Franzini estivo mes e medio de baixa por un importante contratempo muscular sufrido a principios de decembro.

Ademais actualmente Carlos Pombo tamén é baixa por unha rotura no músculo semimembranoso esquerdo, e antes pasaron pola enfermería bastantes semanas homes como Bruno Vázquez, Alejandro Conde ou Rubén Etayo, este último tras fracturarse os ósos do nariz.