Primeira baixa confirmada no Pontevedra Club de Fútbol. Manuel Romay non seguirá vestindo de granate a próxima tempada.
Así o confirmou este xoves o director deportivo da entidade, Toni Otero, na súa comparecencia ante os medios de comunicación, sinalando que "só un xogador non aceptou a renovación, que foi Romay".
O centrocampista de Malpica pon fin desta forma a catro campañas en Pasarón, nas que chegou a disputar 96 partidos de liga anotando 11 goles.
Tras confirmarse a noticia, o propio Romay quixo despedirse da que foi a súa casa dando "moitas grazas ao Pontevedra e a Pontevedra. Foi un verdadeiro pracer estar aquí estes anos. Agora toca gozar da categoría que mínimo se merece este club. Na casa imos seguir sendo moi granates", sinalou.
Muchas gracias al @PontevedraCFSAD y a Pontevedra. Ha sido un verdadero placer estar aquí estos años. Ahora toca disfrutar de la categoría que mínimo se merece este club. En casa vamos a seguir siendo muy granates! pic.twitter.com/ehSqJJquKG
— Manuel Romay (@Romaay10) June 23, 2022
En canto ao resto da situación do plantel, Otero simplemente avanzou que "ofertamos renovacións a unha serie de xogadores, algúns aceptaron e outros estamos en vías de negociación", sen querer especificar de quen se trataba.
Respecto diso deses contactos Otero sinalou que "cando estea todo pechado informarase, os tempos nese caso non o levo eu pero estse a negociar e traballar".