Rocío Gómez tampouco seguirá no Poio Pescamar

Poio
25 de xuño 2024

A granadina, internacional coa Selección Española, é a cuarta saída confirmada este verán no conxunto conserveiro

Rocío Gómez, no partido de liga entre Poio Pescamar e Torreblanca Melilla na Seca
Rocío Gómez, no partido de liga entre Poio Pescamar e Torreblanca Melilla na Seca / Cristina Saiz

Antes dos reforzos, o Poio Pescamar está a confirmar primeiro as futbolistas que non continuarán no seu proxecto a próxima tempada.

A esa lista de saídas, na que xa figuraban Lara Balseiro, Carla Ayensa e Saki, sumouse agora Rocío Gómez como cuarta baixa.

A granadina, internacional coa Selección Española durante a súa etapa na Seca, pon así fin a dous anos en Poio nos que foi unha das xogadoras importantes do equipo.

De feito Rocío finalizou esta campaña como a segunda máxima goleadora do Poio Pescamar con 15 goles, aos que sumou outras tantas asistencias entre todas as competicións.

Foi ademais una das poucas futbolistas que participou nos 40 encontros oficiais da tempada, sendo titular en 31 deles.