Pontevedra acolleu este domingo unha nova edición da Road Clásica Evaristo Portela, a dura proba ciclista consolidada no calendario pontevedrés.
Con todo, esta edición estivo marcada pola ausencia do director deportivo do GD Supermercados Froiz que dá nome á carreira ao estar aínda convalecente polo atropelo sufrido o pasado 31 de outubro en Sanxenxo mentres adestraba.
A competición inicialmente estaba programada para principios de outubro, pero tivo que ser aprazada debido ás malas condicións meteorolóxicas.
Finalmente foi este domingo 10 de novembro a data elixida para a celebración da cita, que partiu desde a Praza da Ferrería.
A proba tiña un percorrido de 102 quilómetros e un desnivel acumulado de 1.850 metros, cos primeiros 40 quilómetros neutralizados e o pelotón controlado pola Garda Civil de Tráfico.
Alcanzado o quilómetro 47, os participantes enfrontáronse á subida ao pico de Penalba, onde se estableceu o primeiro punto de avituallamento.
A continuación, os participantes baixaron cara a Campo Lameiro.
O seguinte destino foi Cuspedriños, pasando por Fameiga e descender cara a O Salgueiral, para finalmente pór rumbo até Pontevedra, onde finalizou a proba.