Rías do Sur quece motores cunha dobre ración de campionatos galegos de natación

Pontevedra
30 de xaneiro 2025

Antes de acoller en marzo dous competicións nacionais, o complexo deportivo de Ponte Muíños ten unha cita coa natación a nivel autonómico

Presentación dos campionatos galegos infantil e alevín de natación
Presentación dos campionatos galegos infantil e alevín de natación / Concello de Pontevedra

A natación volve ser protagonista no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.

A instalación pontevedresa quece motores para o intenso mes de marzo que lle espera.

Acollerá dúas competicións nacionais como o Campionato de España Infantil de Inverno de Natación (13 a 16 de marzo) e o Campionato de España Alevín e Infantil de Natación Artística (27 a 3 de marzo).

Antes diso subirán a temperatura competitiva dúas competicións autonómicas.

Estas son os Campionatos Galegos de Natación Alevín e Infantil, que foron presentados oficialmente no Concello de Pontevedra.

O primeiro deles, o de categoría alevín, reunirá en Rías do Sur 184 nadadores de 27 clubs da comunidade o sábado 1 e o domingo 2 de febreiro.

Pola súa banda os infantís galegos entrarán en escena os días 22 e 23 de febreiro.