Rías do Sur acollerá o Campionato de España Infantil de Inverno de Natación

Pontevedra
30 de outubro 2024

Unha nova competición engrosa o calendario de eventos deportivos de 2025 en Pontevedra. Disputarase do 13 ao 16 de marzo baixo a organización do Club Natación Galaico

Campionatos Galegos Infantil e Júnior e Copa Galicia Sénior de Natación
Campionatos Galegos Infantil e Júnior e Copa Galicia Sénior de Natación / Diego Torrado

Converter Ponte Muíños nunha sede para a natación nacional é un dos obxectivos que se expuxo no principio do ano o Club Natación Galaico cando organizou o Campionato de España Máster de Inverno.

Un reto ambicioso pero no que se van dando pasos, e é que a Real Federación Española de Natación concedeu un novo campionato a Pontevedra.

Trátase do Campionato de España Infantil de Inverno de Natación, que se celebrará no Complexo Deportivo de Rías do Sur do 13 ao 16 de marzo.

A competición nacional reuniu o pasado en Terrasa 511 nadadores de máis de 200 clubs nacionais.

Serán un total de catro xornadas de campionato en dobre sesión, coa participación das grandes promesas da natación, de 14 e 15 anos de idade.

Todo baixo a organización do Club Natación Galaico, a Real Federación Española de Natación e o Concello de Pontevedra.

Este evento únese ao Nacional Alevín-Infantil de Inverno de Natación Artística que organizará o Club Galaico Sincro do 28 ao 30 de marzo.

Dúas citas que empezan a engrosar un calendario de eventos deportivos que en 2025 terá o seu culmen cos Mundiais Multideporte de Tríatlon no mes de xuño.