Chega o momento decisivo da tempada para o Poio Pescamar e todo apoio é ben recibido.
O conxunto conserveiro foi recibido oficialmente este xoves polo responsable de deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez, para celebrar o título de Copa Galicia conseguido recentemente, o terceiro da súa historia, e dar ánimos #ante o emocionante final de liga que se presenta.
A falta de só dúas xornadas para o final da liga regular, o Poio Pescamar mantense na quinta praza da clasificación, a só un punto do cuarto lugar que lle daría acceso a disputar o play-off polo título de liga.
Esta fin de semana fronte ao Joventut D'Elx na casa e o próximo na pista do Móstoles as vermellas xogaranse todas as súas opcións de romper unha nova barreira histórica do club.
Á recepción acudiron tamén representantes do equipo infantil, que vén de gañar a Liga Galega e participarán no próximo Campionato de España.