O Atlético Villalonga conseguiu este sábado a súa segunda vitoria da tempada ao impoñerse por 1-2 ao Club Deportivo Padrejón.
O encontro comezou costa arriba para as de Edu González, que encaixaron un gol na primeira xogada do encontro (Saioa, min. 2) e víronse obrigadas a remar ao contraxeito con aínda moitos minutos por diante. Todo podía pasar.
De feito, lonxe de vir abaixo, lograron equilibrar forzas no minuto 21 grazas a un tanto de Machado que puxo o 1-1 co que se alcanzou o descanso.
Xa na segunda metade, no minuto 80, Nerea Lombardero foi a encargada de sentenciar e anotar o gol que asegurou o tres puntos para o Atlético Villalonga.
Consulta a acta neste enlace